CRTVG

Buscar

Sufocado o incendio na antiga prisión provincial, fronte á Torre de Hércules, na Coruña

Publicado o 24/07/2021 22:50

Na Coruña, quedou sufocado o incendio que se declarou esta tarde na antiga prisión provincial, fronte á Torre de Hércules. Minutos antes da oito os servizos de emerxencias recibiron unha chamada alertando de que saía moito fume do interior do cárcere. Ao lugar desprazáronse tres dotacións dos bombeiros. A policía local mantivo pechado ao tráfico un carril de circulación mentres duraron os traballos de extinción.

Noticias web

24/07/2021