CRTVG

Buscar

Suecia supera a España na estrea de Alicia Fernández nos Xogos Olímpicos

Publicado o 25/07/2021 14:08
Suecia supera a España na estrea de Alicia Fernández nos Xogos Olímpicos

A selección de Suecia foi moi superior a España (31-24) e levou o triunfo no primeiro partido do chamado grupo da morte. 

Foi na estrea como olímpica da xogadora de Valdoviño Alicia Fernández, que non puido achegar ningún gol no partido. O primeiro tempo rematou con vantaxe sueca por 9-13, unha diferenza que non fixo máis que aumentar no segundo tempo. 

Só Nerea Pena, con 7 goles, atopou o xeito de superar a defensa sueca. Pola contra, Suecia demostrou ter un equipo moi potente, con Elin Hansson e Linn Blohm como xogadoras máis atinadas. 

O seguinte partido de España será o vindeiro martes, diante de Francia.