CRTVG

Buscar

Suráfrica suspende a inoculación da vacina de AstraZeneca polas dúbidas sobre a súa eficacia

Publicado o 08/02/2021 08:52

O Goberno de Suráfrica suspende a administración da vacina contra o coronavirus de AstraZeneca. Comunicouno este domingo o ministro de Saúde, na véspera de que se empezase a vacinar os traballadores sanitarios.

É unha suspensión temporal ata que un comité científico tome unha decisión tras coñecerse un estudio que demostra que esta vacina ten unha protección reducida fronte á cepa surafricana.

Noticias web

08/02/2021