CRTVG

Buscar

Sucédense os reencontros familiares nas estacións do AVE coa fin do estado de alarma

Publicado o 15/05/2021 21:54

En días coma hoxe ,as estacións de tren parecen recobrar a normalidade que tiñan antes da pandemia. Esta fin de semana moitos dos desprazamentos son de reencontros familiares.

Centos de madrileños chegaron nas últimas horas a estación do Ave de Valencia.

"Levamos un ano enteiro sen ver os avós un ano!. Vai ser rápido veñen só un día pero imos dar unha volta por Valencia e estar con eles que é o importante".
"Veño de Madrid polo asunto do Covid non puiden ver os netos e agora que hai a oportunidade vin velos e espero que se sigan coidando porque esto é moi importante" 

Unha viaxe de dúas horas en tren permitu recuperar moitas apertas impendidas ata o de agora, debido as restricións de mobilidade entre comunidades.
"Tiña moitas gañas de vir, non pensei que me ía emocionar pero cando a vin emocioneime. Vímonos moitas veces en Zoom pero Zoom non vale"

Renfe reforzou con 41 trens e 15 mil prazas adicionais esta primeira fin de semana sen estado de alarma
 "Vimos pasar o día aquí. Estamos en Sevilla que está a miña filla estudando alí e de paso viñemos a coñecer os patios de Córdoba que é unha cidade que nos gusta moito"
"Vimos principalmente a ver a familia"

As maletas andan  estes días cargadas de gañas de encontrarse cos familiares e amigos que a pandemia separou.

 

Noticias web

15/05/2021