CRTVG

Buscar

Sucédense as mostras de cariño e afecto a familiares e amigos dos falecidos no accidente de Caldas

Publicado o 04/06/2021 15:31

Un día despois de que se coñecera o tráxico accidente de tráfico que rematou coa vida de tres mozos de 18, 19 e 24 anos, Caldas, Vilagarcía e Moraña continúan consternadas polo sucedido. As mostras de cariño a familiares e amigos non deixan de sucederse nas tres vilas, que seguen sen dar creto ao acontecido e tanto os que máis os coñecían como os que non choran a perda de tres mozos que empezaban a vivir. Para todos será difícil esquecer o ocorrido nese quilómetro 222 da N-640 na noite do mércores. 

Noticias web

04/06/2021