Subida lenta pero constante de positivos en Tomiño
Publicado o 13/05/2021 15:05
Dende o venres, en Tomiño, o interior dos locais de hostalaría so poden acoller ao 30 por cento dos seus clientes, e iso hoxe nótase máis porque a choiva deixou as terrazas baleiras.
Hoxe había pouco ambiente polas rúas. Os comerciantes quéixanse que a xente non sae, agás para ir ao salón de peiteados.
Na tenda de Susana os traxes e vestidos de comuñón están quedando para vestir santos. As perdas económicas están sendo cuantiosas.
Jesús que ten unha inmobiliaria é un dos que no último ano está sorteando a crise. Aumentou a demanda de casas en Tomiño