Os prezos acadan en abril a taxa máis alta desde outubro de 2018
Publicado o 14/05/2021 09:13

Os prezos eleváronse en abril ata o 2,2 %, a taxa máis alta dende hai case tres anos, segundo confirmou hoxe o Instituto Nacional de Estatística. É unha suba de máis dun punto dende o mes anterior.
Sobre todo, polo encarecemento da electricidade e polos carburantes, que se manteñen sen cambios e iso contrasta co ano pasado que se durrabaron ante a freada da economía mundial, en pleno confinamento.
A tendencia é contraria nos alimentos que están agora máis baratos. E tamén o ocio, a cultura os bares ou os restaurantes.