CRTVG

Buscar

Subasta de mobiliario dun hotel madrileño con aroma a celebridade

Publicado o 24/09/2021 19:22

Lady Gaga, Madonna, Julio Iglesias, os Rolling Stones, Tom Cruise, Brad Pitt... Todos eles hospedaron no seu día no hotel Villa Magna de Madrid. Agora este hotel de luxo está en plenas obras de restauración, abrirase de novo no mes de outubro, e todo o seu mobiliario e pezas de decoración utilizados ata agora formarán parte dunha poxa que se vai celebrar o vindeiro luns.

Son en total 3.200 pezas. Hai mobles de ata 50 anos de antigüidade, os que se utilizaron cando o hotel abriu as portas en 1972. Pero tamén dunha renovación posterior que se fixo en 2009. Butacas, sofás, alfombras, cadros...

É unha poxa apta para mitómanos. Están os mobles do cuarto onde se aloxou Madonna en 1990, o cabeceiro da cama que a raíña Rania de Xordania utilizou cando veu á voda dos actuais reis de España...

Os futuros compradores poden ver todos os lotes ata mañá. O catálogo completo está exposto ao público no propio hotel. A poxa será o vindeiro luns.
 

Noticias web

24/09/2021