CRTVG

Buscar

Suba dos prezos dos combustibles en pleno comezo das vacacións

Publicado o 25/06/2021 15:46

Prezos da gasolina que non viamos deste outubro de 2014 e do gasóleo desde xuño de 2019. No que vai de ano, a suba supera xa o 14 %, e o 22 % se comparamos coas cifras do ano pasado. O aumento dos prezos fai que os clientes miren ben onde encher o depósito.

A piques de coller as vacacións algúns e outros o descanso da fin de semana, os clientes atópanse nas gasolineiras con algún que outro susto para o peto.

Nas estradas, este venres, máis movementos polo inicio das vacacións e tamén máis movementos nas gasolineiras. Con todo, os prezos dos carburantes en España mantéñense por debaixo da media europea, porque a presión fiscal segue sendo menor.

 

Noticias web

25/06/2021