CRTVG

Buscar

Stellantis Vigo suspende a actividade da liña 1 outros tres días e prolonga a parada na montaxe de furgonetas

Publicado o 01/06/2021 18:45
Stellantis Vigo suspende a actividade da liña 1 outros tres días e prolonga a parada na montaxe de furgonetas
EUROPA PRESS

A factoría viguesa do grupo Stellantis (antes PSA Peugeot Citroën) suspenderá a súa produción no sistema 1 -que monta o Peugeot 2008, o C-Elysée e o Peugeot 301-nas xornadas deste venres, domingo e luns. Mentres, prolongará a parada no sistema 2 -que monta as furgonetas- "polo menos" ata o luns 7, incluído. Así o comunicou este martes a dirección da empresa ao persoal do centro de Vigo, que lembrou que esta situación é debida aos problemas de aprovisionamento de certos compoñentes, como consecuencia da denominada 'crise dos microchips'.

Noticias web

01/06/2021