CRTVG

Buscar

Stellantis estuda ampliar o paro na factoría de Vigo ata o 31 de maio

Publicado o 20/05/2021 08:30
Stellantis estuda ampliar o paro na factoría de Vigo ata o 31 de maio

Dende que comezou a crise dos microchips, Stellantis Vigo deixou de producir 30.000 coches. Esta cifra, ademais, vai continuar medrando. Hoxe a planta realizará unha nova parada por falta de compoñentes electrónicos, pero a dirección estuda ampliar este paro case dúas semanas, ata o 31 de maio. 

As previsións de mellora, segundo a multinacional do automóbil, non se darán ata a segunda metade do ano. Xa van cinco meses de paradas interrompidas polo desabastecemento mundial de microchips, o sector xa fala de peores consecuencias economicas que as sufridas durante a primeira onda.

Noticias web

20/05/2021