Stellantis Vigo para tres días parte da súa produción pola crise dos microchips
Publicado o 06/09/2021 16:10
O venres, a dirección da fábrica de automóbiles comunicaba unha nova suspensión temporal da actividade. A parada, que comezou hoxe ás seis da mañá, afectará só o sistema que monta furgonetas e monovolumes. A previsión é que volvan ao traballo o xoves
Con esta nova interrupción Stellantis Vigo acumula xa máis de 70 paradas de produción dende que comezou o ano debido á crise dos microchips; unhas suspensións da actividade que se traduciron na produción de 70.000 vehículos menos.