Stellantis Vigo anuncia novas paradas de produción pola falta de microchips
A dirección de Stellantis en Vigo anunciou que, "por causas de forza maior" e ante os problemas de aprovisionamento "que persisten", se suspenderá a produción na fábrica nos próximos días. A paralición afecta á actividade nos dous sistemas da factoría en que se montan as furgonetas, o Peugeot 2008, o C-Elysée e o Peugeot 301 o próximo domingo e luns. Volverán traballar o martes 15 de xuño, coa incorporación da quenda B en horario de mañá.
Prevese que volvan parar na quenda de noite do mércores 23 de xuño e nas quendas de mañá e tarde do xoves 24, e tamén a xornada completa do mércores 30 de xuño. A planta viguesa sofre paradas na súa produción desde principios de ano pola "crise dos microchips", que afecta aos seus provedores de compoñentes electrónicos.
A planta viguesa aprobou a finais de marzo a aplicación dun ERTE acordado coa maioría do comité de empresa.