CRTVG

Buscar

Stellantis retoma a actividade despois de tres días coa fábrica parada

Publicado o 19/04/2021 15:18

A factoría viguesa de Stellantis, antiga PSA, retomou este luns a súa actividade despois de tres días parada. Polo momento contan cos subministros suficientes para retomar a fabricación ao 100 % da súa actividade, que xa comezou coa primeira quenda que entrou ás 6 da mañá. A falta de compoñentes derivada da crise mundial de chips obligou a parar toda a produción xa dende o xoves pasado pola noite.

O venres non só pararon todas as quendas dos sous sistemas de fabricación, senón tamén todo o persoal de oficicinas. Tres xornadas nas que deixou de fabricar máis de 6.000 vehículos. Nos casos dos traballadores nos que xa se esgotaran todos os mecanismos de flexibilidade aplicouse o ERTE pactado antes da Semana Santa. 


 

Noticias web

19/04/2021