CRTVG

Buscar

Calviño cre a "autonomía" na fabricación de microchips é a saída á crise de compoñentes

Publicado o 16/09/2021 14:45

Estaba previsto que o sistema dous de produción recuperase este xoves a actividade logo de tres días parado. A falta de semicondutores obriga a manter a suspensión nesta liña polo menos ata o próximo luns, ao tempo que continúa sen traballar a quenda da fin de semana. Na súa visita á planta de Vigo, Nadia Calviño apostou pola fabricación propia de microchips en Europa.

Tamén o sector do metal sofre as consecuencias da escaseza de microchips. A crise estivo moi presente en Mindtech, a feira internacional do metal, moitas destas empresas tiveron que cambiar a forma de traballar.

A feira internacional do metal e as tecnoloxías pecha hoxe as súas portas con miles de visitantes e coa participación de máis de cento cincuenta empresas de todo o mundo.

Noticias web

16/09/2021