CRTVG

Buscar

Stellantis afronta a maior parada da súa historia en Vigo sen data de volta

Publicado o 24/05/2021 16:10

O grupo Stellantis, a antiga PSA-Citroën, mantén paralizada a produción na súa planta de Vigo. Empresa e sindicatos reuníronse este luns nun ambiente de incerteza.

Dende o pasado xoves, a factoría de Balaídos iniciou o maior parón da súa historia que afecta 7.000 persoas de xeito directo, pero arrastra toda a industria auxiliar. Nestes momentos, están en ERTE.

Polo momento, non é posible planificar o retorno porque depende do aprovisionamento dos semicondutores para o que, polo momento, non hai data. A escaseza destas pezas afecta tamén outras fábricas a nivel mundial. 

O secretario xeral de ASIME, Enrique Mallón, pide unha resposta rápida e unha aposta pola produción propia destes compoñentes eléctricos para evitaren depender doutros países.

En Galicia, a crise xa tivo un efecto inmediato na industria de provedores, con 120 empresas afectadas e 25.000 integrantes dos cadros de persoal.

Noticias web

24/05/2021