CRTVG

Buscar

España recibiu durante o mes de xuño 2,2 millóns de turistas estranxeiros

Publicado o 03/08/2021 15:32
España recibiu durante o mes de xuño 2,2 millóns de turistas estranxeiros

España recibiu durante o mes de xuño 2,2 millóns de turistas estranxeiros: dez veces máis ca no mes de xuño do ano pasado, pero aínda moi lonxe dos máis de 8,8 millóns que chegaron en xuño de 2019, antes da pandemia. Gastaron de media por cada un 1.090 euros, o 66 por cento máis que en 2019, pero malia o forte incremento, tan só unha cuarta parte do que gastaron no mesmo mes de 2019.

Alemaña, Francia e os Países Baixos foron os tres países dende onde chegaron máis turistas durante ese período.

Noticias web

03/08/2021