CRTVG

Buscar

Soutomaior suma dez días no nivel medio de restricións pola covid

Publicado o 19/06/2021 15:08

O concello de Soutomaior é outro dos municipios de Galicia que mantén ese nivel medio de restricións. Suma xa dez días consecutivos nesta situación pero a incidencia acumulada comeza a baixar de forma progresiva, co cal son optimistas. Tanto veciños coma o seu rexedor confían en que este martes o comité clínico tome novas decisións.

O xoves contaban con 17 casos activos pero este sábado están en nove. Unha cadea de contaxios que se iniciou en varios centro educativos o que obrigou a pechar varias aulas que xa están activas.

As medidas máis restritivas afectan a hostalaría, que só poden atender os seus clientes en interiores a un 30 % da súa capacidade e a metade, é dicir, a un 50 % en terrazas.

 

Noticias web

19/06/2021