CRTVG

Buscar

Soutomaior será o único concello galego con restricións máximas a partir do venres

Publicado o 03/03/2021 13:26

Soutomaior, con 7.500 habitantes, ten hoxe 49 casos activos de coronavirus. A incidencia acumulada nos últimos 14 días supera os 500 casos por 100.000 habitantes, o que levou o comité clínico a decidir que a partir do venres entren no nivel 1 de restricccions.

Estarán pechados perimetralmente sen poder saír nin entrar excepto por causa xustificada. Só se permiten reunións de conviventes, as instalacións deportivas estarán pechadas e tamén a hostalería, que só poderá servir para levar.

A maioría abriron hai unha semana co alivio das restricións e este novo peche supón un golpe duro.

Decepción tamén entre a veciñanza. Levan catro meses perimetrados e despois do alivio destes días, o endurecemento das restriccións é un paso atrás no ánimo dos veciños. Descargan de culpa á hostalería e non entenden o motivo da suba de contaxios.

Todos confían en que estas medidas sirvan para mellorar a situación epidemiolóxica no concello e axiña poidan volver aliviarse as limitacións.

Noticias web

03/03/2021