Soutomaior é o único concello pechado na área sanitaria de Pontevedra - O Salnés
A área sanitaria de Pontevedra- O Salnés, unha das sete xerencias do Sergas, recupera a mobilidade e a apertura da hostelería no seu interior. Con todo, hai varios concellos que seguen estando en cifras de incidencia preocupantes, moi por riba da media da área, e que terán que seguir con grandes restricións.
O concello de Soutomaior permanece no nivel máximo e por iso a súa hostalería segue pechada, os cidadáns non poden saír do municipio e queda prohibido reunirse con non conviventes. Neste peirao de Arcade, un dos motores económicos de Soutomaior, o luns volverán aos cribados masivos.
No nivel alto, entre 250 e 500 casos de incidencia por 100.000 habitantes aos 14 días, están tres concellos, Ponte Caldelas, Vilanova de Arousa e Cambados. Estes dous últimos ao seren limítrofes funcionarán en relación á mobilidade coma unha soa área.
E tamén volven os cribados a Cambados. O luns as catro farmacias do centro da vila recollerán mostras de saliva para facer probas PCR en colaboración co Sergas.