Soutomaior é o único concello pechado na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés
Arcade, o gran núcleo de poboación do concello de Soutomaior volve ter a hostalaría pechada e o motor da economía son as marisquerías e restaurantes. Os habitantes do municipio non poden saír do seu concello e as reunións volven estar limitadas aos conviventes. Soutomaior é dos 26 concellos que engloba a área sanitaria de Pontevedra-O Salnés o único que está en cor granate, o do nivel de restricións máximas. Chegou aos 2.200 casos de incidencia o 6 de febreiro e aínda que hoxe está nos 429 superaba os 500 aos 14 días hai uns días, cado se reuniu a última vez o comité clínico.
O alcalde de Soutomaior confírmanos que o luns, á tarde, o Sergas fará un cribado masivo neste peirao de Arcade para veciños de entre 30 e 64 anos. A carón del está o concello de Ponte Caldelas, que aínda que hoxe ten a hostalería aberta, estas imaxes son deste mediodía, o luns dará un paso atrás.
Porque a incidencia mídese aos 14 días e o 26 de febreiro chagaron aos 31 casos. Hoxe ten 18 positivos activos.