CRTVG

Buscar

Dan por extinguido o incendio de Folgoso do Caurel, que arrasou 185 hectáreas

Publicado o 15/06/2021 13:01
Dan por extinguido o incendio de Folgoso do Caurel, que arrasou 185 hectáreas

Extinguido o incendio forestal que afectou nos últimos días o concello lugués de Folgoso do Courel. Arrasou finalmente unhas 185 hectáreas e as primeiras investigacións apuntan a que foi intencionado.

Comezou na parroquia de Ferreiros de Abaixo na madrugada do sábado e non quedou controlado ata 48 horas máis tarde, para ser finalmente extinguido este luns.

Noticias web

15/06/2021