Sospeitas de pactos ocultos a 13 días das eleccións
Unidas Podemos acusa ao PSOE de preferir falar de Franco e de Cataluña que de economía. Sospeita Pablo Iglesias que forma parte dun plan para non frustrar un futuro pacto co Partido Popular.
Pablo Iglesias, secretario xeral de Podemos, di que "para demostrar que mentimos comprométase publicamente en campaña electoral, señor Sánchez, se o seu partido é o máis votado a non facer un acordo de lexislatura ou investidura co Partido Popular"
Un xogo, o das sospeitas, no que tamén entran os populares. Cren que o PSOE e VOX colaboran para frear o ascenso de Casado. O líder conservador advirte do risco de contemporizar con Cataluña.
Pablo Casado, presidente do PP, cre que "a inestabilidade política e a ruptura territorial cotizan en bolsa. A fractura social e xeracional que se sofre en Cataluña acaban lastrando as oportunidades de futuro en España"
Sánchez sospeita de todos, das 3 dereitas, dos independentistas e da que chamou pretendida esquerda, todos empeñados, dixo, en construir o muro do bloqueo.
Para Pedro Sánchez, secretario xeral do PSOE "nesa fronte de bloqueo participan moitos e moi distintos, con metas moi dispares. Pero cun único obxectivo: non aspiran a gobernar: nin teñen proxecto, nin teñen equipos nin teñen presenza en toda España como a ten o Partido Socialista. A súa aspiranción é só unha: que non goberne o Partido Socialista"
"Agora si" é o lema co que PSOE encara desde o venres a campaña electoral.