CRTVG

Buscar

Sortean en Camariñas unha cesta de Nadal anticovid

Publicado o 17/11/2020 15:38

Non leva turrón nin cava nin xamón. É unha cesta de Nadal acorde cos tempos, así que está chea de produtos pararotexerse de contaxios e artigos para facer deporte na casa. A idea ocorréuselle durante o confinamento da primavera pasada.

"Non paraba de rondarme como desde a miña situacion de traballadora sanitaria en ámbito privado podía achegar o meu gran de area a esta situación", di Noelia Blanco, fisioterapeuta.

Hai cen máscaras cirúrxicas, xel hidroalcólico, termómetro de infravermellos, tensiómetro e tamén aparellos para facer deporte como unhas pesas, bandas elásticas, un balón de pilates....".

Está contenta co éxito da idea, pero espera non ter que repetila o ano que vén.

Noelia Blanco, fisioterapeuta: "Esperamos que o Nadal que vén non haxa que poñer xel nin máscaras, pero si que seguirá a ser unha cesta saudable con produtos de deporte e de alimentacion saudable".

Noelia Blanco vendeu participacions non só en Camariñas e Galicia, tamén lle pediron boletos desde Madrid e Cádiz.

Noticias web

17/11/2020