Sorpresa nos 'caucus' de Iowa coa vitoria de Pete Buttigieg
Publicado o 05/02/2020 21:03
Pete Buttigieg gañou o caucus de Iowa segundo os primeiros resultados, ainda parciais. Impúxose a Berny Sanders e Elisabeth Warren, que van segundo e terceiro no reconto. Outro dos favoritos, o ex-vicepresidente Jon Biden quedou relegado á cuarta posición.
Buttigieg, foi alcalde dunha pequena cidade de Indiana. É homosexual, fala sete idiomas e, con 38 anos, o máis novo dos aspirantes demócratas á presidencia dos Estados Unidos.