Sorprendidos nove pescadores furtivos de lamprea no río Tea
Publicado o 15/05/2020 10:07
Axentes do Seprona sorprenderon nove furtivos e interviñéronlles 20 lampreas na comarca do Condado-A Paradanta durante as últimas datas, no marco dos dispositivos postos en marcha para previr a pesca ilegal no río Tea.
Algúns dos animais aínda estaban vivos, polo que se devolveron ao río, e o resto entregáronse en centros benéficos, segundo informa a Garda Civil. Tamén foron intervidas varias fisgas, unha arte de pesca ilegal.
O operativo máis importante tivo lugar na madrugada do sábado pasado en Salvaterra, onde sorprenderon sete dos furtivos nunha das estacadas habilitadas do Tea para a pesca.
Tres dos individuos detidos levaban haxíx, cocaína e heroína, polo que tamén foron denunciados.