'Sonoro empeño', unha exposición en Santiago sobre música e arte
Publicado o 25/03/2019 17:59
Chega a Santiago a exposición Sonoro empeño, que quere construír unha ponte entre a música e a arte das coleccións de Abanca e Afundación.
Esta mañá celebrouse unha inauguración 'sonora' cun concerto do Trío Modulador de Ondas.
A exposición reúne unha selección de obras de artistas como Kandinski e Picasso, xunto con creadores galegos como Francisco Leiro, Laxeiro e Seoane.
A mostra traza relacións entre a linguaxe plástica e a musical e tamén coa danza e as festas.