CRTVG

Buscar

Son xa 14 os detidos pola brutal malleira que deixou un mozo en coma en Amorebieta

Publicado o 05/08/2021 17:53
Son xa 14 os detidos pola brutal malleira que deixou un mozo en coma en Amorebieta

No caso da brutal agresión en Amorebieta que deixou en coma un mozo de 23 anos son xa 14 as persoas detidas e postas a disposición da xustiza. A última detención é a dun menor, que se suma á de hoxe, dun mozo de 19 anos, tamén sospeitoso de participar nos feitos. A maior parte dos detidos pertencen a unha banda delituosa coñecida como Os Koala.

Mentres, Álex, o mozo agredido, continúa en coma no hospital de Cruces.

 

Noticias web

05/08/2021