CRTVG

Buscar

Solidariedade coas mascotas da Palma

Publicado o 07/10/2021 14:28

Imaxes de animais perdidos, desorientados ou abandonados na Palma impactaron na retina de Belén Villar, unha peiteadora de Vigo que axiña decidiu actuar, poñer o seu gran de area para botar unha man aos animais sen fogar da illa da Palma. Púxose en contacto cunha protectora local para saber que necesitaban e montou unha campaña de recollida coa colaboración da súa veterinaria.

Ata o día quince podemos entregar os materiais nos dous establecementos de Vigo; bombeiros e Correos colaboran de xeito altruísta para que todo chegue á illa canaria.

Tamén lamentan a desaparición das pequenas especies que están sendo sorprendidas pola lava sen que ninguén poida facer nada por salvalas.

Noticias web

07/10/2021