CRTVG

Buscar

Solidaridade sobre duas rodas: moteiros ourensáns colaboran con entidades benéficas da cidade

Publicado o 06/04/2021 14:32

O ruxido dos motores e a súa estética poden ofrecer unha imaxe totalmente oposta ao espírito que rexe aos membros da Asociación Solidaridade Moteira Ourense, que se xuntaron en 2014 cun obxectivo claro: colaborar con entidades benéficas e persoas con necesidades especiais.

Pequenos e maiores comparten a paixón polas dúas rodas e o espírito solidario, que os leva a botar unha man alí onde é necesario.

Agora mesmo estanlle botando unha man coa campaña de NUPA, unha asociación para nenos con transplante multivisceral. Fixeron unhas camisetas que as teñen á venda. É para un rapaz do concello de Taboadela.

Á Red Madre Ourense entréganlles roupa, cueiros e material de puericultura porque esta asociación préstalles apoio ás nais embarazadas e con nenos ata os 3 anos. Desde a entidade loan o labor solidario dos moteiros nun tempo en que se multiplicaron as necesidades.

Quen queira colaborar pode entregar o material na sede de Solidaridade Moteira, na rúa Pena Trevinca de Ourense.

Noticias web

06/04/2021