Denuncia a picadura dun escorpión ao abrir un bolso mercado en Ali Express
Publicado o 24/09/2020 11:26

Unha moza de Valencia denuncia que sufriu a picadura dun escorpión ao abrir un bolso que pedira a través de AliExpress. A irmá, que a acompañaba nese momento, colleu o animal e fíxolle unha foto que enviaría despois aos servizos médicos.
A especie foi identificada polos responsables do Bioparc de Valencia como escorpión chinés ou escorpión dourado de Manchuria. Este animal pode chegar a medir ata seis centímetros. A moza interpuxo unha denuncia e pediu explicacións ao provedor.