Sofre unha fractura cranial tras enfrontarse cun veciño en Xermade por unhas terras
Publicado o 17/05/2019 18:43
Un veciño da Pena, en Xermade, ingresado con fractura cranial despois dun enfrontamento cun veciño.
Todo por unhas terras. Fixeron un intercambio que nunca chegou a rexistrarse. O desencontro vén de vello.
Os veciños do lugar viven con medo. Aseguran que o presunto agresor e a súa familia teñen un carácter violento.