O xuíz arquiva a operación Pulpo, en que estaba investigado López Besteiro
Despois de oito anos de instrución, o xuíz do xulgado número 1 de Lugo decretou o arquivo provisional da peza raíz da operación Pulpo, iniciada pola súa antecesora Pilar de Lara, e en que figuraba como imputado Gómez Besteiro.
No centro da investigación estaba un presunto caso de acoso laboral na Deputación de Lugo, cando Besteiro era o seu presidente.
O xuíz considera agora que non hai indicios de tal delito, e ordena sobreser a causa de maneira provisonal.
Aínda que cabe recurso, todo apunta a que o futuro xudicial do que fora líder dos socialistas galegos está a punto de despexarse. Esta era a última imputación que pesaba sobre el. Hai tres meses arquivouse tamén o caso Garañón, outra causa iniciada tamén pola xuíza de Lara e que implicaba a Gómez Besteiro.
O exsecretario xeral dos socialistas galegos dimitiu no ano 2016 e desapareceu da vida política a raíz desas imputacións, que agora, todo apunta, quedan en nada.