Sobrado Palomares, premio Ourensanía 2019
Publicado o 11/11/2019 16:23
O escritor e xornalista Alfonso Sobrado Palomares acaba de recibir o premio Ourensanía 2019. Sobrado Palomares, natural de Calvos de Randín, foi presidente da Axencia EFE durante dez anos, director do Diario de Córdoba e director da Casa de Galicia en Madrid, entre outras cousas. É autor de varias novelas e ensaios.
Na entrega do premio, no Teatro Principal da cidade de Ourense, asegurou que a súa orixe marcou o seu xeito de interpretar o mundo e a lingua galega, o primeiro nome das cousas.