CRTVG

Buscar

Sober, un dos nove concellos galegos con bandeira verde

Publicado o 06/10/2021 20:50

Forma parte da reserva da biosfera Ribeira Sacra, que aspira ademais a ser declarada patrimonio da humanidade. O concello lugués de Sober é un dos nove premiados na segunda edición das bandeiras verdes de Galicia, coas que a Xunta quere recoñecer as boas prácticas ambientais.

A bandeira verde premia as actividades relacionadas con aspectos como o cambio climático, a eficiencia enerxética ou a xestión responsable do lixo. Novos puntos limpos, renovación total do alumeado ou actividades de concienciación son algúns dos méritos presentados por Sober.

Agora, esta bandeira verde vaille permitir ademais ter unha mellor baremación a hora de optar a axudas públicas para desenvolver novas actuacións ambientais.

 

Noticias web

06/10/2021