CRTVG

Buscar

Sober protexe da COVID os seus 14 centenarios

Publicado o 21/04/2020 14:34

Sober, Lugo, é un dos concellos con máis centenarios de Galicia e de España. Ten 2.300 habitantes e 14 deles pasan dos cen anos. Ningún se contaxiou de coronavirus, e os veciños extreman as precaucións para que as cousas sigan así.

Pura Díaz vive cun fillo e a súa dona nunha das dúas únicas casas habitadas da aldea de Santiorxo. Ten 102 anos, e igual que os outros trece centenarios do concello de Sober, leva a pandemia do coronavirus con precaución, pero ata o de agora sen contaxios. Tivo sufrimentos maiores na súa longa existencia.

"Fai os 103 anos o 24 de maio. Está ben cuidada, da paseos e está ben. Fai vida normal.
Tivo unha vida complicada. De catro fillos que tivo vivin eu namais", di o seu fillo.

A muller non bota de menos sair, porque apenas saia antes da epidemia, e ademáis pode tomar o aire na leira.

"Vivimos sen moito confinamento e aqui se vai viviendo mais ou menos ben", engade o fillo.

Confesa que un dos segredos da súa lonxevidade pode ser a augardente que tomaba antes de ir traballar ao campo cando era máis nova.

"Augardente... para segar a herba".

Noticias web

21/04/2020

Máis sobre actualidade

Valladolid 2-0 Alcorcón
27/09/2021 20:41
Oviedo 0-0 Xirona
27/09/2021 20:40
Spórting 2-1 Málaga
27/09/2021 20:38
Mirandés 1-2 Leganés
27/09/2021 20:35
Barcelona 3-0 Levante
27/09/2021 20:33
Betis 2-0 Xetafe
27/09/2021 20:31