Sober anima a coñecer a Ribeira Sacra en globo
Publicado o 27/09/2019 12:07
A Ribeira Sacra contará cunha nova oferta turística. Trátase doutro servizo de voos en goblo cativo.
Dúas adegas e un restaurante de Sober están detras deste novos percorridos polo aire para contemplar a beleza da Ribeira Sacra. As viaxes serán entre as viñas de Doade e os caños do Sil. Terán unha duración uns dez minutos. Os globos sobrevoarán a zona a unha altura de 25 metros.
O día 5 hai unha xornada de portas abertas na que se ofrece vivila experiencia de balde.