CRTVG

Buscar

Soben os positivos en Mos, pechado desde o sábado

Publicado o 31/05/2021 13:47

Nestas horas de verán adiantado, os veciños de Mos están outra vez en postos de saída. Na rúa e nos negocios, o desexo compartido é o de que este retroceso sexa o derradeiro.

En Mos houbo tres cribados en sete días. O último, este mesmo sábado en centros comerciais. Outro deles, no instituto. Despois dun aumento de casos positivos na segunda quincena de maio, a fin progresiva das corentenas podería deixar o contador practicamente a cero.

Segundo a última actualización do Sergas, os novos positivos no municipio son 96. A incidencia acumulada a 14 días está en 637 casos por cen mil habitantes.

Noticias web

31/05/2021