CRTVG

Buscar

Soben os contaxios no Salnés: Vilanova de Arousa ten hoxe 21 casos activos

Publicado o 15/04/2021 15:05

Ten Vilanova 21 casos activos e case a metade deles son dos últimos días, polo que a curva vai en ascenso.

"O 20 de xaneiro estabamos no punto máis alto, con 53, foi remitindo, antes de Semana Santa estabamos aquí 3, 2 casos en 10.000 habitantes e de súpeto veu Semana Santa e aí imos para arriba", explica ​Gonzalo Durán, alcalde de Vilanova de Arousa.

Os veciños falan: "Hai familias enteiras e moitos membros da mesma familia que se contaxiaron e a hostalaría non ten nada que ver". "A ver, é que a xente séguese xuntando".  "En plan botellón, aí uns a cabalo doutros"

Preocupan os contaxios, pero tamén como a sociedade vai xestionar as secuelas que vai deixar este ano de pandemia.

"Esos avós que non pasan os seus primeiros meses de vida cos netos". "Danme moita pena os rapaces de 20 anos, todos tivemos 20 anos. É triste non poder mocear, non poder rir, é triste", comentan unhas veciñas.

O alcalde apela á solidariedade e pide aos veciños que acudan ao cribado que se vai realizar durante toda a fin semana entre os que teñen 30 e 49 anos.

"Hai que ser colaborador con causas en todo o mundo e logo na casa non perdemos 5 minutos en irnos meter un pauciño polo nariz para mellorar a saúde dos nosos veciños. Entón, xa que falamos tanto de solidariedade, pois demostrémolo de verdade", apela o alcalde.

Noticias web

15/04/2021