CRTVG

Buscar

Soben os casos da intoxicación alimentaria no Carballiño

Publicado o 11/06/2021 12:29
Soben os casos da intoxicación alimentaria no Carballiño

Nas últimas horas houbo dous ingresos máis no Hospital Universitario de Ourense no caso da intoxicación alimentaria entre os usuarios de tres residencias de maiores e un colexio da comarca do Carballiño. En total, hai oito maiores ingresados. A súa evolución é satisfactoria.

Técnicos de Sanidade analizan as mostras dos menús servidos antonte. As dúas últimas persoas ingresadas presentan unha sintomatoloxía leve, semellante á dos seis ingresos anteriores, con vómitos e mareos. Permanecen, por prevención, dada a súa idade, na unidade de medicina interna do hospital.

A intoxicación producíase tras o xantar. Os afectados son case corenta.

Noticias web

11/06/2021