Soben os casos activos (+39 ) e repuntan os positivos detectados (+199)
• A presión hospitalaria mantense estable, con boas cifras nas UCI

Continúa subindo a curva de casos activos en Galicia. Segundo os últimos datos do Sergas, hai 2.439 persoas diagnosticadas de covid−19 no país, 39 máis ca onte, tras 199 novos positivos, 177 a través de proba PCR.
ÚLTIMA HORA | Soben os casos activos e repuntan os positivos detectados. A presión hospitalaria mantense estable. Preme para máis información https://t.co/9fOrBadrTl pic.twitter.com/vJygrAd5px
— G24 (@G24Noticias) April 15, 2021
Por áreas sanitarias, os casos repartiríanse así:
A Coruña: 602 (+3)
Vigo: 625 (+10)
Ourense: 205 (+13)
Santiago: 363 (-4)
Lugo: 176 (+7)
Pontevedra: 375 (+9)
Ferrol: 93 (+1)
Estabilidade nos hospitais
No que respecta á situación nos hospitais, o número de pacientes ingresados pola doenza mantense estable: hai 182 persoas hospitalizadas, 157 en planta (-1) e 25 nas UCI (-1).
Onte o Sergas comunicou o falecemento dunha muller de 78 anos no CHUAC por mor do coronavirus. Con ela, o número de vítimas ascende a 2.371.
Positividade á baixa
Das 7.084 probas PCR realizadas (-887), 177 deron positivo, o que representa un 1,47 % de taxa de positividade. O total de novos casos detectados é de 199, un pouco por riba dos datos rexistrados nos últimos catro días.