CRTVG

Buscar

A área de Ourense rompe a tendencia galega e sobe en casos activos e contaxios

Publicado o 24/09/2021 10:43

• Os casos activos xa rozan os 1.500

• Descende a ocupación hospitalaria (-5)

A área de Ourense rompe a tendencia galega e sobe en casos activos e contaxios

Os casos activos seguen descendendo e xa rozan os 1.500, cunha baixada de 114 con respecto ao día anterior. En total, hai 1.563 persoas con coronavirus en Galicia.

En canto aos novos casos detectados por probas diagnósticas, aumentaron os positivos (+3). Rexistráronse, en concreto, 57 contaxios.

Por áreas sanitarias, a repartición de casos activos é a seguinte:

Vigo: 299 (-19)

A Coruña: 383 (-43)

Pontevedra: 108 (-5)

Santiago: 220 (-21)

Ourense: 211 (+1)

Lugo: 296 (-26)

Ferrol: 46 (-1)

Pola súa parte, a ocupación hospitalaria segue baixando (-5). Hai 17 persoas hospitalizadas en coidados intensivos (-2) e 40 en planta (-3). Con todo, o Sergas notificou o falecemento dunha persoa con coronavirus, alzando a cifra aos 2.626 decesos desde o inicio da pandemia.

Mapa de incidencia por concellos