CRTVG

Buscar

Soben os casos activos (+37) e os novos positivos, baixa a presión asistencial (-10)

Publicado o 06/04/2021 10:13

• Só descenden os casos nas áreas da Coruña (-10) e Ourense (-5)

• A taxa de positividade continúa por debaixo do limar do 5 %

Soben os casos activos (+37) e os novos positivos, baixa a presión asistencial (-10)

Volven repuntar os casos activos lixeiramente. Segundo os últimos datos do Sergas -consolidados onte ás 18:00-, hai 2.211 persoas diagnosticadas de covid-19 en Galicia, 37 máis ca onte. Detectáronse 140 novos positivos, 116 a través de PCR, e déuselle a alta a 98 persoas.

Por áreas sanitarias, o resultado é o seguinte:

A Coruña: 685 (-10)

Vigo: 598 (+21)

Pontevedra: 251 (+5)

Santiago: 303 (+18)

Lugo: 139 (+6)

Ferrol: 94 (+2)

Ourense: 141 (-5)

Menos persoas con covid-19 en planta

A presión asistencial oscila diariamente dende hai unha semana, cando tocou chan nesta terceira vaga con 197 persoas ingresadas. Dende entón, a cifra foi medrando paseniño de xeito irregular, caendo hoxe ás 209 (-10): 176 en planta (-11) e 33 nas UCI (-1). A partir de dúas semanas poderiamos empezar a ver os efectos da Semana Santa.

Onte o Sergas notificou o pasamento de cinco persoas, o que eleva a cifra de vítimas no que vai de pandemia no país a 2.357.

Máis positivos detectados

Aumenta lixeiramente o número de novos casos detectados respecto aos últimos tres días. Das 4.346 probas PCR realizadas (+853), deron positivo 116, aínda que foron 140 en total os novos diagnosticados. Estes valores deixan unha taxa de positividade do 2,67 %, na liña do último mes e medio.

 

Mapas de incidencias por concello