CRTVG

Buscar

Soben os carburantes para os vehículos ás portas da Semana Santa

Publicado o 13/04/2019 10:20

Os que viaxen van notar no peto a suba dos carburantes. Encarécese sobre todo a gasolina: o litro está a 1 euro e 30 céntimos, un 1,2 por cento máis que o ano pasado, o que supón que encher o depósito custa hoxe 5 euros máis que hai 12 meses. O diésel está a 1,23, tamén algo máis caro, pero neste caso a suba é dun 0,30 por cento. 

O incremento do prezo do petróleo por cuarto mes consecutivo, e a suba do gravame aos carburantes que entrou en vigor en xaneiro son os causantes desta escalada dos prezos ás portas da semana Santa.  No que vai de ano, o prezo da gasolina medrou 10 céntimos, e o do gasóleo 22.

 

 

 

Noticias web

13/04/2019