CRTVG

Buscar

Soben lixeiramente os casos activos tras cinco días en baixada

Publicado o 18/05/2021 10:10

• A presión hospitalaria permanece igual ca onte, con 176 pacientes ingresados

• A área da Coruña é a única que reduce os seus casos (-21)

Soben lixeiramente os casos activos tras cinco días en baixada

Os novos datos do Sergas achegan poucas variacións respecto ás cifras de onte. Hai 2.805 persoas diagnosticadas de covid−19 no país, 16 máis, tras 116 novos positivos, dos cales 105 foron confirmados por PCR.

Por áreas sanitarias, a repartición é a seguinte:


A Coruña: 605 (-21)

Vigo: 843 (+15)

Ourense: 223 (=)

Santiago: 435 (+11)

Lugo: 179 (+4)

Pontevedra: 435 (+11)

Ferrol: 87 (=)

Estabilidade nos hospitais

Non hai ningunha diferenza respecto a onte no tocante á presión asistencial. Seguen 176 pacientes hospitalizados pola covid−19 en Galicia, dos cales 139 están en planta e 37 en coidados intensivos.

Ata o momento, a pandemia causou 2.405 falecidos en Galicia, tras as dúas mortes comunicadas este luns polo Sergas.

Positividade por debaixo do 2 %

A taxa de positividade das PCR mantense por debaixo do 2 % (1,98 %). É a cifra resultante do cálculo a partir das 5.298 probas PCR realizadas (-1.061), das cales 105 deron positivo.

Mapas de incidencia