CRTVG

Buscar

Soben lixeiramente os casos activos en Galicia e a positividade segue á alza

Publicado o 29/12/2020 09:38

• Só baixan os casos nas áreas de Pontevedra (-14) e Santiago (-11)

• Redúcese o número de persoas hospitalizadas: 56 nas UCI (-2) e 291 en planta (-4)

Estas son as medidas da Xunta para fin de ano

Soben lixeiramente os casos activos en Galicia e a positividade segue á alza

Galicia encara a recta final do 2020 cunha tendencia de estabilidade. Así o definiron os membros do comité clínico, que revisaron e ratificaron o paquete de medidas especiais para esta Noitevella.

Segundo os últimos datos do Sergas, hai 5.523 persoas contaxiadas de covid-19 no país, 15 máis ca as notificadas onte. Por áreas sanitarias a repartición sería:

• Santiago: 1.336 (-11)

• Vigo: 1.1792 (+15)

• Pontevedra: 852 (-14)

• A Coruña: 884 (+24)

• Ourense: 525 (=)

• Lugo: 397 (=)

• Ferrol: 337 (+1)

Redúcese a presión hospitalaria lixeiramente

O número de persoas ingresadas baixa levemente: hai 37 persoas ingresadas, 291 en planta (-4) e 56 nas UCI (-2). Así, a presión asistencial en Galicia segue a manterse máis ou menos estable nas últimas tres semanas.

Onte o Sergas notificou o pasamento de dez persoas por mor da covid-19 en Galicia, o que eleva a cifra de vítimas no país a 1.380.

Positividade media por riba do 5 %

Logo de varias semanas con datos moi positivos no que respecta á taxa de positividade, as últimas catro xornadas espertaron a preocupación do comité clínico. Do 4 % que comezou a estabilizarse a partir da primeira semana de decembro, pasamos agora a unha taxa de positividade media dos últimos sete días por riba do 5 %, limiar máximo recomendado pola OMS para dar por controlada a pandemia.

O número de probas PCR descende respecto a onte e mantén un ritmo baixo comparándoo coas semanas anteriores. O Sergas notificou 3.881, 1.143 menos.

Delas, deron positivo 261, sendo a área de Vigo a que máis contabilizou (70), seguida da de Santiago (54).

Mapa de incidencia por concellos