CRTVG

Buscar

Soben de novo os casos activos e repuntan os positivos detectados (+220)

Publicado o 22/04/2021 10:10

• Caen os casos só nas áreas de Santiago (-11) e Ferrol (-1)
• Deron positivo 200 persoas en PCR, a maior cifra dende finais de febreiro

Soben de novo os casos activos e repuntan os positivos detectados (+220)

Continúa o ascenso da curva de casos activos en Galicia. O Sergas informa de que hai no país 2.875 persoas diagnosticadas de covid-19, 64 máis ca onte, tras 220 novos positivos, 200 deles confirmados a través dunha PCR. É a maior cifra de positivos en PCR dende o 27 de febreiro.

Por áreas sanitarias, a repartición de casos é a seguinte:

A Coruña: 699 (+18)

Vigo: 789 (+29)

Ourense: 261 (+16)

Santiago: 350 (-11)

Lugo: 211 (+4)

Pontevedra: 461 (+9)

Ferrol: 104 (-1)

Estabilidade nos hospitais

No que respecta aos hospitais, a situación é semellante á de onte: hai 163 persoas en planta (+1) e 41 nas UCI (+1). A situación en coidados intensivos empeorou progresivamente na última semana (hai sete días había 25 persoas nesta sunidades).

 

Dúas mortes elevan o número de vítimas por covid-19 no que vai de pandemia no país, ata as 2.378.

Récord de positivos en dous meses

Das 7.181 probas PCR (-558) deron positivo 200, a maior cifra dende o 27 de febreiro. Isto deixa unha taxa de positividade do 2,79 %, algo superior a onte.

Mapas de incidencia acumulada por concellos