CRTVG

Buscar

Soben as reservas hoteleiras ante a fin de semana en que se alivian as restricións

Publicado o 25/02/2021 15:07

O alivio parcial das restricións provocou numerosas reservas hoteleiras, mesmo colgando o cartel de completo nalgún establecemento.

"Dende que anunciaron o alivio das medidas comezamos a recibir reservas", di Eloy, o propietario dun hotel na Costa da Morte.

"Nós xa estamos pechando reservas para xuño", explica tamén Iván Nines, dono doutro establecemento.

Tras semanas pechados perimetralmente, a apertura da mobilidade é unha das medidas máis esperadas

Tamén o reencontro con persoas non conviventes. "Eu quedarei cuns amigos que hai moito tempo que non vexo", dinos unha muller.

Aínda que a pesiar de reapertura gradual, moitos teñen claro o que farán: quedar na casa. 

De feito os expertos insisten: a desescalada ha de ser lenta e, sobre todo, prudente, como asegura Salvador Peiró, especialista en Medicina Preventiva, que tamén di que o mellor é reducir ao máximo os contactos.

O obxectivo, seguir reducindo os contaxios, as hospitalizacións e os falecementos, ao tempo que avanza a vacinación. E afrontar unha posible cuarta onda nas mellores condicións.

Noticias web

25/02/2021