Soben a 63 os casos do gromo de Melide e a once os da conserveira da Pobra
• O gromo de Correos da Lavacolla suma un positivo
Sanidade fíxolles a proba do coronavirus a 183 traballadores dunha empresa da Pobra do Caramiñal tras detectarse inicialmente tres positivos. De momento, hai 11 casos vinculados con este foco, cinco traballadores e seis dos seus contactos estreitos. Pero aínda non está o resultado do cribado a todo o cadro de persoal. Desde a industria aseguraban que os primeiros afectados non traballaban nin no mesmo espazo nin na mesma quenda e que nas instalacións se cumprían as máis estritas medidas anticovid.
Xosé Luís Piñeiro, alcalde da Pobra do Caramiñal: "Fixemos un seguimento do que estaban facendo as empresas aquí no noso concello. Cremos que teñen sectorizado por grupos de traballadores, que teñen o acceso moi controlado, que toman medidas de precaución, vestiarios independentes. Creo que fixeron moi ben o traballo e temos a esperanza de que isto no vaia a máis".
Santa Comba, pendente de novas probas
En Santa Comba mantense con 28 casos o gromo que comezou por unha celebración familiar, pero están pendentes do resultado de moitas probas PCR.
Correos da Lavacolla suma un positivo
E o foco na central loxística de Correos na Lavacolla ten 13 positivos, entre traballadores e os seus contactos estreitos tras diagnosticarse un máis este mércores.
63 casos no gromo de Melide
O gromo que obrigou a facer un cribado masivo entre a xuventude de Melide segue aumentando. Xa hai 63 casos de coronavirus, tras sumar outros seis nas últimas horas.
LENDA: