CRTVG

Buscar

Soben a 59 os positivos na residencia DomusVi Monforte tras detectaren outros 26 casos

Publicado o 15/09/2021 17:33
Soben a 59 os positivos na residencia DomusVi Monforte tras detectaren outros 26 casos
EP

Os casos de covid nas residencias de maiores de Galicia sufriron un incremento nos últimos días, ao confirmárense outros 26 positivos no centro DomusVi de Monforte, que suma 59 usuarios coa enfermidade.

Segundo informou Política Social, nos últimos días detectáronse eses novos positivos na residencia monfortina, pero recibiron a alta 10 usuarios: 9 da residencia e apartamentos San Vitorio de Baralla e un do centro García Hermanos de Betanzos.

Deste xeito, este mércores quedan en residencias galegas 66 usuarios con Covid: 59 en DomusVi de Monforte, 3 na residencia do Bolo, 2 en García Hermanos de Betanzos, un en San Vitorio de Baralla e outro na residencia As Gándaras de Lugo. Mentres, os centros de atención a persoas con discapacidade seguen sen ter casos de Covid, após recibir o alta o último usuario afectado a pasada semana.

Noticias web

15/09/2021

Máis sobre Monforte de Lemos